Convocatoria de Arte Correo
O mail art consiste no intercambio de pequenas artes por medio do correo postal. Este movemento naceu a principios dos anos 60, un dos seus creadores é o americano Ray Jhonson (Grupo Fluxus) que retomou o que no seu día comezaran outros artistas como os dadaístas Marcel Duchamp, Hugo Ball, Tristan Tzara, etc.…
Neste medio de expresión non existen regras impostas polas institucións oficiais, nin marchantes, nin galerístas, non existe a venda, todo é exposto… A arte é libre.
Se queres participar nesta convocatoria de MailArt, manda unha pequena obra coas características que se poden ler embaixo a:
ESTUDIO ABIERTO
Rúa María, 90
15401 – Ferrol
A Coruña
España
Medidas: 10x15cm. – Postal
Técnica: Fotografía e collage
Fecha Límite: 15-Oct-2013
As obras non serán devoltas pasando a formar parte do arquivo de arte correo do “Outono Fotográfico”.
As obras recibidas serán expostas en http://postaisparaninguen.tumblr.com/ e fisicamente en Estudio Abierto dentro do OF2013
Nenhum comentário:
Postar um comentário
E aí, o que é que vc achou disso?